Unha mirada do mar a terra, unha de Xoán, unha de fogueiras, unha de paseo do canabal, en finb o comezo e remate dunha vista nova de novas formas. Paréceme impresionante a costa de Tirán, xa dende sempre, dende as primeiras escapadas, dende as últimas escapadas. O coñecer como se encenden fogueiras nesta costa sen importar as cores do rostro, sen importar a forma, como último andén o equilibrio das miradas. Hai elementos imprescindíbeis no mecanismo do noso movementro interior, eu penso que algún engranaxe da miña conciencia, comeza e segue presente co son de fondo dos nariñeiros aos que volto en espiral sempre que de Xoán falo. Saúde.
Novembro 27, 2009
1 comentario »
Feed RSS para os comentarios deste artigo. URI do trackback

que romántico, quedei sen fala
Comentario por siareira das verbas do meu amigo — Novembro 28, 2009 @ 8:43 pm