Para min os instrumentos son como esas pequenas cousas que van quedando na retina dun neno, os apeiros de labranza, as gaitas, os rastrillos, os leghóns, os sachos de ir aos croques….
Para min son oportunidades perdidas nunha inmensidade de recordos. Eu sempre quixen tocar a ghaita, dedicarme a ir aos croques, sen a incomodidade do lumbagho, sen a incomodidade do frío e de calarse até os ósos.
Eu como calquera pequeno quería saber das cousas, e agora cos anos sei que todo isto soa, que xa fai anos as mulleres e os homes deste santo país, usaban os nosos instrumentos para facer música e para traballar. Como non podía ser doutro xeito, os galegos até facían música coa suor da fronte. Unha aperta para aquelas persoas que recuperan todas estas cousas, Xabier, Pablo, Luís, que bonito, síntome con ganas de agradecerlle á xente o esforzo de resistir. Por suposto, Queremos Tradición e ademáis Galego Queremos.
